Mostrando entradas con la etiqueta POESÍA POR MIGUEL DUBOIS. "O MUNDO de FISTERRA". Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta POESÍA POR MIGUEL DUBOIS. "O MUNDO de FISTERRA". Mostrar todas las entradas

jueves, 18 de septiembre de 2008

O MUNDO de FISTERRA.

O Mundo de Fisterra,


É unha porta máis aberta ao mundo ceibo,


Nel podes comprobar como son,


Os sentimentos dun poeta descoñecido,


Afortunadamente.


De que vale a pantalla externa


Do que eu son?


De que me vale o folklore absurdo,


Dos falsos andamiaxes da absurda farándula?




O Mundo de Fisterra é unha fiestra máis


Aberta ao mundo de par en par.


Temos días de combate constante,


No que o Océano de Fisterra


Está bravo,


E nel danse absurdas batallas marítimas


No que o vencedor é aquel que honra a xustiza.


No Mundo de Fisterra,


Pódense descubrir Micromundos útiles,


Que te axudan a resisitir


Os combates inxustos


De maneira doada e lene


E sen absurdos labirintos


Que non son máis que absurdos


Xogos de palabras inútiles.


Nesta Mundo de Fisterra,


Temos días de sol grande e fermoso.


Sentámonos os dous na beira dos cantiles de Fisterra,


E observamos que non é o Fin do Mundo,


Pola contra é todo un espectáculo de beleza natural,


Linguaxe de ondas brancas erguetas,


E ventos de tódolos ventos da ledicia.


Que fermosura inmensa habita No Mundo de Fisterra.




Miguel Dubois.