Mostrando entradas con la etiqueta POESÍA POR MIGUEL DUBOIS---LONDRES--. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta POESÍA POR MIGUEL DUBOIS---LONDRES--. Mostrar todas las entradas

viernes, 12 de septiembre de 2008

LONDRES

O mundo soave da luz

Dun día de setembro perdido

Alumea cor escuro da noitiña

Que esquece a función, elemental

Do verbo amar;

O querer ser sen engadidos

Ou pertenzas alleas,

Que non son propiedad do que escribe.

Vivo perto da lus de setembro que cáseque morre,

Esquecendo a ledicia dun verán máis,

Dun verán nas terras estranxeiras

De lingoexe diferente.

Aló ficaron lembranzas belas,

Carregadas de beleza propia

Dun país xeneroso en economía

Con grandes diferenzas

No status sociais existentes.

Vexetación fermoso e verde

Árbores asulagadas e ateigados de beleza suma e constante.

Casas grandes e fermosas

Que lembran os tempos daquela

do Bristish Empire

Ou Imperio Británico.

Todo un gran parque de arquitectura luxosa

Onde non se malgastaban cartos

Naquela sociedade victoriana.

A Capital é fermosa

Aínda máis fermoso é

A mistura de cores da pel de xentes diversas.

Formigueros humáns

ateigan as rúas londinenses

e de súperto, coma sen sequelo

Érguese o tempo da memoria morta pero presente,

A hestoria, todo aquilo pasado

Que xa non é.

A beleza dos parques,

Os fermosos cisnes de longo pescozo,

Os parrulos torpes e soaves

E no fondo de Saint James Parck

Érguese a poderoso construcción

de Buckingham Palace.

Outra vez, de sócato,

A memoria ateiga a miña testa confundida.

Xa moi o fondo miras coma un soldado mecánico

En casaca bermella e longo sombreiro negro,

Vai facendo unha garda constante

A feito de atención turística.

A Gran Ollo de Londres

Esa gran noria xigante,

Convirten a cidade

Nun perfecto parque temático

De longas e perfectas ringleiras humanas.

A Máquina do Tempo

Érquese poderosa e bela

E o son das campás asulaga o ar

Carregado das nosas voces turísticas.

A beleza estrircta e lineal de Wetsminster Palace,

Lugar de combate político,

Primeiro Parlamento Democrática

Da bela Europa colonizadora.

Os Thames corta coma un coitelo brilante,

De lus penetrante, tirante e perfecta

A cidade e as súas augas son habitadas

Por fermosos barcos turísticos ou barcos de guerra

A xeito, quizaves de lembranza ou Museo Naval.

Que longo resultaría explicar a beleza londinense.

Pero a cidade antre a lembranza das grandes épocas

Das épocas dominantes

Até este actual Londres, diferente,

Máis quedo e definido.




Miguel Dubois.