Mostrando entradas con la etiqueta POEMA.LEMBRANDO A PALMIRA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta POEMA.LEMBRANDO A PALMIRA. Mostrar todas las entradas

miércoles, 13 de agosto de 2008

POR TODOS NÓS, MELLOR






POR TODOS NÓS, MELLOR.




Pontevedra, ao 2 de marzo de 2008



A todos vós amigos e amigas galegos e galegas

que perante un delicioso espazo de tempo, fomos

residentes e perfectos estudantes dunha

xeneración que loitamos polas liberdades. Por

aquela fermosa
Palmira, habitante constante da

memoria. Polo súa faciana ateigada de ledicia. Polo seu sorriso

constante. Pola paz das súas palabras. Sempre Ela connosco no

nóso cor.




I



Topeime, de novo, contigo,



amada terra cambadesa



coma se nada,



como se todo.





II



Marchábame de fronte



a mirada intensa



na beleza ateigada de lus



na maravillosa e decisiva




Ría de Arousa.




Arousa da miña infancia distante



A cabalo de velas brancas



De dornas de tope negras



E a toda vela con Rumbo a Illa da Arousa,



Illa da Arousa, praia encantada



Escarabote e Boiro na fronte


eu eu contigo meu amor


perdiamosnos no fonda dos teus


amorosos beizos agachados.


Somentes por testigo o Faro


Os piñeiros verdes erguitos


cubrían a beleza verde da Illa Fermosa.


O imenso, Pombar, descansaba quedo,


tranquilo e sumiso


E nós, ti e máis eu, meu amor


Xogamos


Aqueremos máis na fermosura


Da praia de areas brancas e douradas.


Doce bico no serán perdido,


Vento do Norte fondo do verán claro.


Deixámola a Illa ,meu amor,


E iamos de cara ao peirao de Rons,


Lugar de infancia e intensa vida


Habitada.


Lugar no que o vento do Norte sumiso


Pentiaba as follas do millo verde,


Namentras a téu cabelo longo


Eran coma ondas do mar


Voando no valeiro.




III



CAMBADOS.




Porque tanta beleza constante


e tan pequeno espazo de tempo?


Digo eu, constantente,


Cambados mariñeiro,


Mariñiros queridos


de tan castigada Ría no antergo.


Que bela te atopo fermosa terra do


Alavariño!


Tan fermoso porto,


Longos peiraos que nunca


parecen rematar.



Horas irrematables



de constante traballo!



Pazos antergos,



podería feudal



namentras Ramón Cabanillas



di que xa era dabondo.



Todo un mundo de fermosa pedra



Perfectamenta construído,



Fermosos igrexas



Lugares de recoller a alma en solitario



Para lle falar a Deus,



Se ceivamente quixeras



Santa Mariña querida,


lugar cáseque derrubada


lugar para o pranto e a lembranza.


A traíña, unha daquelas longas



Traíñas de moitos remos,


Forza homes , máis forzas



e a traíña con toda o seu poderío


Chegou antre as primeiras


E nela ían aqueles fortes remeiros


que deixaron na extensa lembranza



a Illa da Esmeralda.



A Capitana, tan fermosa, tan bela


Tan ben feitilla, tan sumamente, galega,



Termosas habitacións,



Tardín predido na fermosura.



Enormes lagares inmensos.



Fermosa finca inmensa da Capitana



E ao fondeo dela aquelas restos



arquitectónicas



de Santa Mariña , de novo,



Dos desaparecidos.



Cantos erguitos



Do silenzo absoluto



dos fermosos Cruceiros



cantas fermosas casas



Colo da fermosura,



Pazo antigo con pequena capela




Interior.



Lugar de descanso de antigos Rectores



Da Universidada bela Compostela.



Pedra e canta pedra das pedras



tódalas las canteiras habidas,



Cambados fermoso e intenso



Camiño imos dos derradeitros peiraos



Deixamos pola banda esquerda



O fermoso Pazo dos velliños e velliñas,



Pola banda da dereita




Nunha praia xeitosa



Denansan as cansadas e inertes barcas



Da súa delicada rambla



É fermosa a vista do Porto enteiro.




Antigos barrios mariñeiros,




lugares de nasas de bimbio



e redes antigas,




Da cordiña dura e castaña



Os nenos e as nenas ían descalzos



naquelas anos tremendos.



O pai mariñeiro ía con



pantalóns remendados



naquelas cores azuis que todo



ano duraban.



Iamos Juan, Daniela, Marita e Non me Lembro,



Perdóame, homildemente,



Querida compañeira ferrolá



De cara a Torre Ergueita




Do século XIII.



Mañáns duras compañeiras cambadesas



naquelea anos de 1970



nos que os legóns cravánrose



de cotío e con forza



nas areas da seca aínda mollada



Ameixas brancas



coma o leito pura da vaca marela



ameixa fina,



como marfilina pura e delicada



e birbirichos dabondo



Gordechos e bonitos



A forza contanste,



a sacrifizo intenso



e o froitos do mar



eran un recurso para a supervivenza.




Todo Cambados , toda a fermosura



todo o sacrifizo



E o fermoso día 1 de marzo de 2008



Son unha fonte máis



Para querer, sumisamente,




Aos meus benqueridos amigos e amigas



E a miña amada Ría de Arousa.



Miguel Dubois.